Ollar centro óptico e auditivo

Contamos cos servizos ópticos necesarios para a túa saúde ocular e de toda a familia. Ofrecemos controis visuais, adaptación de lentes de contacto e tonometría.

Tamén contamos con servizo de audioloxía: ampla variedade de audiófonos dixitais para todas as necesidades, tapóns a medida de baño, de protección laboral ou especiais para durmir, entre outros.

Ollar centro óptico e auditivo está ubicado na avenida Rosalía de Castro en O Milladoiro, Ames.

Descubre todo o que temos que ofrecerche

Óptica

Exame visual completo. Gafas de vista. Lentes progresivas e monofocais. Gafas de sol.

Audioloxía

Estudo auditivo. Adaptación de audiófonos. Tapóns de baño e antiruído a medida. Protección auditiva. Sistemas de comunicación.

Lentes de contacto

Adaptación de lentes de contacto brandas tanto esféricas, tóricas como multifocais. Solucións de mantemento.

Asesoría estética

Asesoramento personalizado. Buscamos a montura, tanto de vista como de sol, que mellor se adapte aos rasgos faciais.

Complementos

Cadeas e cordóns colga gafas. Solucións antivaho. Clips solares. Fundas portagafas. Portalentillas.

Garantía e financiación

Garantía de adaptación a lentes progresivas. Financiación para as túas compras sen intereses.

Centro óptico

Centro óptico

Centro auditivo

Os teus ollos son importantes para nós

Atención personalizada dende o primeiro momento

Asesoramento individual adaptándonos as túas necesidades e intereses. Máis de 

Exames visuais

Exame visual completo para poder detectar posibles problemas oculares, así como poder compensar a graduación que se necesite.

Adaptación de lentes de contacto

Adaptación de lentes de contacto a medida de cada usuario. Proba gratuíta.

Servicio postventa

Mantemento das gafas e garantía de adaptación en lentes progresivas.

Taller propio

Contamos na nosa tenda cun taller para facer reparacións in situ, reducindo así os tempos de espera.

Qué opinan os nosos clientes?

Sandra Ares
Sandra Ares
10 Xaneiro 2023
María y Julio son un encanto de personas, súper amables y cercanas, aparte de unos grandísimos profesionales. Te aconsejan en todo momento. Tanto mi familia como yo llevamos varios años yendo a su óptica, y más que seguiremos. Chicos, gracias por ser como sois. 100% recomendables. Gran relación calidad-precio.
Ma. Pilar Coo
Ma. Pilar Coo
3 Xaneiro 2023
Que decir de María e Julio? Son maravillosos, uns profesionáis de verdade. Sempre che aconsellan o mellor, con cariño e amabilidade. Os productos son de primeiras marcas, cousa q non sucede en moitos centros como ben sabemos. Eu, non podo prescindir deles! Recomendoos con total seguridade. Non cambiedes!
Jose Manuel Iglesias Ríos
Jose Manuel Iglesias Ríos
2 Xaneiro 2023
Boa atención e bos prezos. Moi recomendable.
Maria Teresa Miguez Salgado
Maria Teresa Miguez Salgado
29 Decembro 2022
Son unas personas encantadoras, súper amables y realizan su trabajo de una manera excepcional! 100% recomendable 🤩
José Luis Prado
José Luis Prado
29 Decembro 2022
No tengo más que agradecimientos. Grandes profesionales. Llevo tiempo con ellos, varias gafas ya, y su siempre atención personalizada, muy contento. El servicio que ofrecen al cliente es estupendo y lo que ofrecen y venden, la calidad de las gafas y sus cristales, de lo mejor que he tenido nunca en relación calidad-precio. Totalmente recomendables.
Maria Vigo
Maria Vigo
29 Decembro 2022
María e Julio son un encanto ademais de súper profesionais! Quedei encantada coa atención e o bo trato, ademais da profesionalidade e o seu bo facer. Unha óptica de confianza 100%, grazas por todo!
Manolo Martinez Rial
Manolo Martinez Rial
29 Decembro 2022
Boas, moi boa atención e un servicio profesional.
SM F
SM F
29 Decembro 2022
Súper profesionales. Moi amables e atentos. Sempre che aconsellan o mellor para o coidado dos teus ollos. Bos prezos e os modelos de gafas son para todos os gustos. Estou super contenta co servizo que prestan. Recomendable 100%.
Isabel Rey
Isabel Rey
27 Decembro 2022
Sempre que preciso gafas, lentillas, accesorios… vou a Ollar e quedo encantada. Moitos modelos onde elexir, revisións exhaustivas e unha atención de 10. Recomendadísimos!

¿Buscas unha óptica no Milladoiro?

Ven a visitarnos na avenida Rosalía de Castro, nº 42 e coñece todo o que temos para ti.