Audioloxía

O noso centro auditivo está especializado en todo tipo de disfuncións auditivas. Contamos cun equipo especializado na atención precoz e diagnóstico.

Ollar centro auditivo: tecnoloxía adaptada a túas necesidades

Especialistas en saúde auditiva

Se pensas que podes ter perda auditiva en situacións cotiás ou simplemente non escoitas como antes, podes acudir ao noso centro para avaliar a posible perda.

Para escoitar e gozar de todo o que está por vir

Profesionais auditivos ao teu servizo

Na primeira visita avaliaremos a audición mediante unha anamnese previa respondendo a unha serie de preguntas sobre as súas experiencias auditivas, unha otoscopia na que se comproba se o canal auditivo está obstruído e, por último, unha audiometría tonal e vocal que consiste en escoitar e responder a diferentes tonos e mostras de voz.

Adaptar un audiófono axudaranos a aumentar a confianza nun mesmo, a mellorar a calidade de vida social e reducir o risco de problemas cognitivos.

Adaptación de audiófonos e proba durante 30 días sen compromiso para valorar as novas sensacións que aportan e avaliar os beneficios do día a día.

Reparación de audiófonos de calquera laboratorio.

E como agasallo: ¡pilas gratis!

Ofrecémosche pilas para o teu audífono, para que poidas escoitar perfectamente durante todo o día.

O teu centro auditivo no Milladoiro

Se notas que pode ter perda de oído, ven a comprobalo!